domingo, 18 de outubro de 2020

Quelho - Quelha - Cal

"QUILLA - QUELLA 
En gaélico irlandés antigo, a palabra CÁEL e a súa variante CÓIL significan “estreito”, “delgado”, “fino”, “esvelto” e outros significados relacionados. Os mesmos cá palabra CAOL nas linguas gaélicas modernas: CÁEL – CÓIL – CAOL.
En galés e en córnico, CUL, probablemente da raíz *KOILO-, “fino”, “delgado”, “estreito”, sen máis relación aparente co latín cá posibilidade de que algúns termos deriven da mesma raíz preindoeuropea. 
CÁEL / CAOL aplícase a partes estreitas ou delgadas do corpo: CAOL NA LÁIMHE, “pulso”, “parte estreita do brazo ou da man”; CAOL NA COISE, “nocello”, “parte estreita da perna”, etcétera.
En galego, o esterno, o óso plano e estreito do medio do peito, do que saen as costelas”, coñécese tamén como “QUILLA DO PEITO”.
O parecido entre a QUILLA DO PEITO e a QUILLA dun barco é evidente. Tamén é evidente que a QUILLA é a parte máis estreita dun barco. (Véxase DE QUILA na parte final deste post).
Segundo o DRAE, QUILLA deriva (ou é un préstamo) do francés antigo QUILLE, da que tamén deriva a palabra inglesa KEEL, “quilla”, que se considera de probable orixe escandinava (nórdico antigo KJÖLR, danés KJØL, sueco KÖL, do protoxermánico *KELUZ, de orixe incerta. (Observemos que as formas fonéticas destas palabras son semellantes ás das palabras gaélicas mencionadas). Parece evidente que o francés antigo QUILLE é un préstamo dunha lingua xermánica ou dunha lingua gaélica, e tamén a palabra QUILLA / QUILHA.
A lingua galega garda algunhas palabras con formas fonéticas similares e significados relacionados que poden ser unha das chaves para descubri-la orixe destes termos romances.
Un dos significados da palabra galega QUELLA é “camiño fondo e estreito na aldea ou na saída dela”. QUELLA tamén significa “cárcava” ou “angroba”, e ENQUELLAR significa “meterse un animal nun sitio de onde non pode saír (pola súa estreitura)”, QUELLA tamén significa “moega”, unha caixa de madeira con forma de funil ou embude (non é unha canle) que deixa caer o gran desde o bico estreito do funil nunha CANLE. Lembremos que CÁEL / CAOL significa “parte estreita das cousas, do corpo, etcétera”.
Un Dos significados específicos de CÁEL en gaélico irlandés antigo é “rego que flúe por un pantano, unha marisma, unha lameira, etcétera”.
Isto lévanos directamente ás palabras galegas e portuguesas CAL e QUELLA, “canal ou rego de auga”. En galego, CAL tamén significa “rúa” en galego antigo: “Moýtas donas et moýtas donzelas et moýtas burzesas moý fremosas andauan fogindo porlas cales assý cõmo mortas”. C. T., vol. I, p. 103. (Real Academia Galega [1913-1928]: Diccionario gallego-castellano)
En galego, un QUELLO é un “camiño estreito”. QUELLE é o nome do suco que fai o arado…
Tradicionalmente, acéptase que a orixe de todos estes termos romances está en termos latinos derivados do latín CANĀLIS, pero agora que coñecemos as palabras gaélicas CÁEL /CAOL, sería prudente preguntarnos por que perde a palabra CANAL o N que xeralmente se conserva en termos como ACANEAR, ACANELAR, ACANALAR, CANAL, CANALETA, CANALEXA, CANALIZAR, CANALÓN, CANALLA, CANA, CANABAL, CANLE, e un moi longo etcétera.
Segundo o DRAE, palabra CALLE / CALHE deriva do latín CALLIS, “senda”, “camiño”, sen relación aparente con CANĀLIS.
En gaélico CAOL tamén significa “rego estreito” e mesmo “brazo de mar” en gaélico irlandés antigo. 
UISCE CAOL, “rego estreito”; COSAN CAOL, “camiño estreito”.
De todolos xeitos, hai unha expresión galega que pode considerarse bastante aclaratoria: DE QUILA, que significa “de lado, de canto, presentando a parte máis estreita ou delgada”… parece difícil que derive do latín CANĀLIS…
Visita www.progael.com e axúdanos a manter o proxecto facéndote SOCIO ou cunha pequena DOAZÓN."

In Gaelaico no Facebook - https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=967315276640845&id=712305955475113 [c.18.out.2020]
RENASCIMENTO DAS "COUSAS OLVIDADAS"


Das "Cousas Olvidadas" não reza a história.
Por isso temos que ressuscitar essas "Cousas",
que nossas são, da "Campa do Olvidismo",
sob pena de as perdermos para sempre.
E se assim ninguém o fizer, ninguém o fará por nós!
E mais pobres ficaremos! 

2020.maio - Monteiro deQueiroz